Tuesday 21 de May de 2024

Visita do alcalde polos 100 anos de María Rico Pita, veciña da Barrosa


O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, e a concelleira de Servizos Sociais, Yolanda Bello, estiveron na Barrosa, no fogar de María Rico Pita, para felicitala no seu cen aniversario.

Rodeada do cariño da familia e de veciños, María soprou as velas da tarta e mesmo tomou un pouco de pastel. Manuel Vázquez Faraldo fíxolle entrega dun centro de flores e un agasallo institucional.